publicidade hoxe

Pablo Taboada repite como alcalde de Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Pablo Taboada

Pablo Taboada

Pablo Taboada resultou elexido alcalde de Palas de Rei por segunda lexislatura consecutiva. Unha vez conformada a nova corporación municipal, para o periodo 2015-2019, derivada dos resultados do proceso electoral do pasado 24 de maio, no que os votantes do municipio de Palas de Rei decidiron que a nova corporación municipal estivera representada por: 7 concejales do Grupo Popular (ao  obter esta formación 1.548 votos) e 4 concejales do grupo socialista (ao obter 887 votos dita formación política). Unha vez tomada posesión dos seus respectivos cargos municipais, procedeuse a elección do alcalde, donde o candidato popular, Pablo Taboada, optiña o respaldo da formación política que encabezaba con 7 votos a favor, fronte os catro en contra do grupo socialista que respaldaba a Horacio Rouco. Finalmente, Pablo Taboada recibiu das mans do seu predecesor no cargo,  concejal de maior idade, Fernando Pensado, o bastón de mando de alcalde do municipio de Palas de Rei.

A nova Corporación do municipio de Palas de Rei pasa a estar representada como segue:

Alcalde- Presidente:

D. Pablo José Taboada Camoira

Grupo Popular:

D. Fernando Pensado Barbeira

Dona. María Aurora Vila Agra

D. Amando Sande Agra

Dona Alba Villasante Torres

D. José Ramón García Vázquez

D. Jesús Fandiño Sánchez

Grupo socialista:

D. Horacio Rouco Ferro

D. José Sabino Prieto Vázquez

D. José Ramón López Bruzos

Dona Noelia Vázquez Paredes (en sustitución de Dona Angela Pérez Vázquez).

13 de xuño de 2015 | 14:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.