Outras 15 persoas detidas pola liorta na que morreu “Jimmy”
A Policía Nacional detivo 15 persoas, 12 delas en Madrid, no marco da investigación pola liorta entre ultras dos Riazor Blues e da Fronte Atlética na que morreu o seguidor do Deportivo de La Coruña Francisco Javier Romero, alcumado ‘Jimmy’. Fontes policiais explicaron que se detivo unha persoa en Valencia, dous en Toledo e 12 na Comunidade de Madrid. A investigación segue aberta e non se descarta máis arrestos. Os cargos que pesan sobre os detidos son rifa tumultuaria e a dous dos arrestados tamén se lle imputa un delito de homicidio, segundo indican as mesmas fontes. A pelexa entre ambas as dúas inchadas tivo lugar o 30 de novembro do ano pasado do ano pasado nas inmediacións de Madrid Río e nela morreu o seguidor do Deportivo de 43 anos.











