Os patróns de embarcacións son sometidos á proba práctica en Cangas

Proba para patrón de embarcación
Esta mañá continuaba o proceso de selección de persoal do servizo de salvamento para as praias de Cangas. Hoxe foi a quenda dos patróns de embarcacións, que se realizaba nos peiraos do Porto Deportivo; á proba acudiron 8 aspirantes para un total de 3 prazas.
A proba consistirá no manexo da embarcación, manobras de atraque e desatraque, e entrada e saída en praia e en porto. Avaliado por un tribunal, a puntuación máxima na proba práctica era de 50 puntos sendo necesario obter 25 puntos para entender superada a mesma.
Os resultados das probas, tanto de socorristas como de patróns, estarán dispoñibles esta mesma tarde, tanto no taboleiro do Concello como na páxina web (www.cangas.org). Esta previsto que sexa o día 1 de xullo cando os 15 socorristas e os 3 patróns seleccionados comecen a desempeñar o seu traballo nas praias canguesas.











