Os Ninguéns consideran que se están a vulnerar os dereitos humanos en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Os Ninguéns, foro socioeducativo contra a pobreza en Vigo, organizou unha concentración o día 30 de xuño ás 20:00 na praza da Constitución, para esixir unha solución institucional para os desafiuzamentos. Os Ninguéns está a tentar mediar para buscar unha alternativa habitacional a unha das familias de Vigo afectadas por desafiuzamento, un caso dramático cun bebé duns meses, para os que se pediu unha vivenda tanto á Xunta de Galicia como ao concello de Vigo. Así, coincide co diagnóstico de Amnistía Internacional, que esta semana publicou que no noso país incumpríronse todas as obrigacións internacionais sobre o dereito á vivenda”. O colectivo esixe á Xunta que axilice a implantación dun plan de emerxencia para recolocación mediante un parque de pisos de aluguer social que xestione o IGVS, que sexa suficiente e real, e o poña a disposición destas familias en risco. Igualmente, desmente as declaracións do alcalde, que asegura que na cidade non existen desafiuzamentos. “Parécenos unha falta de respecto para o traballo de colectivos como a PAH, que realizan un labor de mediación urxente e necesaria. A outros colectivos chégannos tamén casos de desafiuzamentos por aluguer, e atopámonos desbordados buscando solucións, sen un respaldo institucional adecuado, para que se afirme agora con esta tranquilidade que isto non sucede”.

24 de xuño de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.