Os equipos da escola municipal de fútbol do Carballiño participan en varios torneos internacionais
Os equipos da Escola Municipal de Fútbol participarán nas vindeiras semanas en varios torneos, dentro e fóra das fronteiras nacionais. Así esta fin de semana o equipo Alevín competirá no IX Torneo Inetrcomunidades de Ermua, que se desenvolverá os días 20 e 21 nesa localidade Vizcaia. Xunto co equipo carballiñés participarán equipos de alevíns da Real Sociedad, Rayo Vallecano, Osasuna, así como da localidade francesa de Baiona, e do resto de Euskadi.
O concello financiará a viaxe destes xogadores, así como a súa estancia en Ermua, mentres que os pais, e o propio concelleiro de deportes, custearan cada un a súa viaxe e estancia nos días que dure este torneo, amosando así o seu compromiso dende o primeiro minuto coas escolas deportivas da vila.
Por outra banda o Manolo Dacal tamén informou de que, finalmente, o equipo Cadete da Escola Municipal de Futbol, si poderá asistir ó torneo do Eixo Atlántico, pese ós atrancos económicos atopados nun principio, e falta da apertura do procedemento administrativo previo á inclusión neste torneo. As xestións realizadas tanto polo propio Dacal como polo alcalde Francisco Fumega, permitirán que estes rapaces poidan acudir a localidade de Matosinhos (Portugal), do 5 o 10 de xullo, custeando esta viaxe os pais e o propio Concello do Carballiño.
Manolo Dacal agradecía ós pais o apoio nesta actividade xa que “se tiveramos que custeala ó 100% dende o concello non teríamos partida económica para outros compromisos tan importantes como é, por exemplo, o pagamento das nóminas ós monitores deportivos das propias escolas municipais a partir de setembro”.
Para o actual responsable de deportes, así como para o resto do grupo de goberno socialista, o deporte base será “unha prioridade, xa que entendemos que é fundamental para o crecemento dos nenos e nenas, unha boa educación deportiva e social, que lles aportan valores tan importantes como o compañerismo e a vida saudable”.











