Os conselleiros de Facenda e Educación reúnense co reitor da UDC

Instante da reunión
Os conselleiros de Facenda e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mantiveron un encontro de traballo co reitor da Universidade da Coruña, en dependencias da sede gubernamental da Xunta de Galicia en Santiago. Valeriano Martínez, Román Rodríguez e Xosé Luis Armesto expuxeron os seus puntos de vista para tratar de achegar posturas e atopar solucións que eviten calquera tipo de prexuízo á comunidade universitaria. As dúas partes expresaron ao remate da entrevista o seu compromiso en traballar na procura de saídas aos problemas prantexados.











