Os comuneiros de Guizán organizan de novo o mercadiño no Santiaguiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Comunidade de Montes de Guizán organiza un mercadiño os primeiros e terceiros sábados de cada mes que dará comezo o vindeiro día 6 de xuño. O horario prolongarase durante todo o día e o lugar de celebración será a carballeira do Santiaguiño, onde o recinto para a celebración da feira dispón de 7.500 metros cadrados, prácticamente todos con sombra, e conta con 6 entradas e saídas para vehículos e outras tantas peonís.

O espazo dispoñible para aparcadoiro ascende a case 6.000 metros cadrados.

Ata o de agora xa solicitaron a súa participación neste mercadiño preto de 60 postos, número que aínda se pode ampliar moito, xa que os interesados en participar poden seguir a solicitalo dirixíndose á Comunidade de Montes de Guizán.

Na feira haberá ademais un pulpeiro do Carballiño.

2 de xuño de 2015 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.