Os CIM da Laracha e Arteixo organiza unha visita conxunta ao centro de turismo ecuestre O Ventoso de Erboedo
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, en colaboración co CIM do Concello de Arteixo, organiza unha visita ao centro de turismo ecuestre O Ventoso de Erboedo (lugar de San Paio) que terá lugar durante a mañá do sábado 27 de xuño. As mulleres que desexen participar nesta excursión deben formalizar a súa inscrición, que é gratuíta, acudindo á oficina do CIM (no edificio administrativo da Laracha, situado no número 60 da céntrica avenida Fisterra) ou chamar o teléfono 981 612 811. O prazo abrirase o luns e as prazas son limitadas. As asistentes poderán ir acompañadas polas súas fillas e fillos.
Durante a xornada, que se desenvolverán en horario de mañá (de 9:00 a 13:30 horas), realizaranse diversas actividades adaptadas a cada grupo de idade, propoñendo aos nenos montar a cabalo e a todas as persoas asistentes, participar en obradoiros de diferentes temáticas (medioambientais e elaboración de pan, entre outras) e realizar rutas a pé ao aire libre por fermosas paraxes naturais da zona.
O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha xornada de ocio a este colectivo e favorecer as relacións sociais coa confraternización entre usuarias dos CIM da Laracha e de Arteixo.











