publicidade hoxe

Os cativos da escola infantil de Brión celebran a súa festa de fin de curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Festa fin de curso

Festa fin de curso

Os nenos e nenas da escola infantil municipal de Brión celebraron esta mañá a súa tradicional festa de fin de curso, que este ano tivo lugar por vez primeira no xardín da gardería aproveitando as boas condicións climatolóxicas. Unha festa chea de música, baile e moitas larpeiradas.

Os pequenos e pequenas ían “vestidos para a ocasións” cunhas garabatas de papel que elaboraron e decoraron eles mesmos durante esta última semana de curso. Un tempo no que tamén fixeron todos os adornos que fixeron do xardín da gardería un auténtico campo da festa. Unha celebración á que acudiron numerosos pais e nais dos pequenos, que disfrutaron dunha mañá moi divertida.

19 de xuño de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.