Os canadenses David Morl e Justin Barnes os mellores estranxeiros no Campionato de España Open
Unha hora sobre o horario previsto fíxose á mar a flota 40er participantes no Campionato de España Open – Gran Premio Deputación de Pontevedra, o vento do suroeste fíxose de rogar pero finalmente permitiu disputar un total de cinco probas na ría de Arousa.
O ritmo de regata marcárono os asturianos Alonso, gañando dúas probas e dous segundos postos, a tripulación cántabra – galega formada por Diego Botín e Iago López con dous primeiros postos, a galega e cántabra de Carlos Paz e Álvaro do Arco con dous segundos postos, e a canadense formada por David Morl e Justin Barnes gañadora da quinta e última proba do día.
Os canadenses David Morl e Justin Barnes foron os máis regulares das tripulacións estranxeiras no campo de regatas de Arousa, van en cuarta posición da xeral, sendo moi regulares e gañadores da quinta proba; que acumularon un total de 12 puntos na xeral provisional, cunha vantaxe de 9 puntos respecto dos británicos de Illas Virxes que ocupan a quinta praza da xeral.
Mañá veremos como se defenden os irmáns Alonso ante a presión de Diego Botin e Iago López primeiros e segundos respectivamente con 6 e 7 puntos. Hoxe o vento foi do 260° SW de entre 6 e 8 nós de vento e mar chaira; e para este mércores parece ser que apunta ás mesmas condicións.
A segunda xornada do Campionato de España Open – Gran Premio Deputación de Pontevedra prevese inicie ás 13 horas no campo de regatas da Ría de Arousa.











