Os atletas da Ximnástica bateron moitas marcas persoais no seu Trofeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O Trofeo Sociedade Ximnástica de atletismo que se celebrou no CGTD de Pontevedra; grazas á colaboración do CGTD e o patrocinio do Instituto Municipal de Deportes; contou cunha ampla participación, con máis de 200 atletas. Que souberon aproveitar as magníficas condicións meteorolóxicas reinantes para conseguir bos rexistros.

O gañador do Trofeo en categoría masculina foi o atleta do Maraton de Madrid, Isaac Vicente que mellorou a súa marca persoal da tempada con 67,69 metros; mentres que en mulleres Laura Chapela, do Feminino Celta, tamén fixo marca persoal da tempada con 12.62, no hectómetro.

A Sociedade Ximnástica conseguiu 12 vitorias parciais, en categoría masculina impúxose Antón Martínez en 80 metros con 10.17 un “auténtico marcón”, Ángel Vargas en 400 metros con 51.59, Marco Martínez en Altura con 1.61, David Ferrer en salto de lonxitude con 7.09, Pedro Santos no lanzamento de xavelina infantil con marca persoal de 25.55 e Jon, Darío, Alfonso e Ángel, o 4×100 masculino con 43.33.

Mentres que en mulleres, Rocío Rodríguez en 800 metros con marca persoal de 2.17.42, Lucía Cardesín en 1.000 metros con 3.15.09, Inés Martínez en 100 metros con 1.50, Clara Gil en salto con pértega con 2,80, Angeles Filgueira na xavelina veterana con 38.39 e Marta, María, Laura e Leticia Ferrer o 4×100 con 54.01.

O Vila de Cangas conseguiu dúas vitorias parciais grazas a David Lorenzo no salto con pértega cadete con 3.10 e Laura Meira no lanzamento de xavelina xuvenil con 41.55.

No resto de proba, houbo marca persoal do ano para Adrián Pérez en 100 metros con 10.76; Carlos Ferrer do Atlético A Silva, gañou o lanzamento de martelo veterano con 44.46; David González do Atletismo Narón impúxose en 800 metros con 1.56.49; Arturo Ramos do Millaraio foi o primeiro no quilómetro con 2.49.30 e da Ría Ferrol Leticia Fernández obtivo a vitoria en 400 metros con 59.20.

Houbo bastantes atletas pontevedreses que conseguiron marcas persoal, como Alex Solla no hectómetro e o salto de lonxitude, o mesmo fixo Santi Ferrer Alonso e o júnior Darío Costas e en mozas as cadetes Alesandra Campo e Lucía Ferrer tamén alcanzaron marca persoal, Alesandra con 1,45 no salto de Altura e Lucía con 13.01 no hectómetro, a tan só unha centésima da mínima para o nacional.

Nunha semana a Sociedade Ximnástica organizará o segundo dos seus Trofeos, o “XLII Trofeo Boa Vila”.

18 de xuño de 2015 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.