Os alumnos de Palas de Rei despiden o curso académico con diversas actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

Os alumnos/as do Colexio Público de Palas de Rei e do Ies de Palas de Rei despiden o Curso académico con diversas actividades nas que colabora o Concello de Palas de Rei. Mentres que no Colexio de Palas de Rei, desfrutaron do espectáculo ofrecido polo Mago Dani e a partir das 15:30h. tiveron unha festa de fin de curso, organizada pola ANPA(Asociación de Nais e Pais) coa colaboración do Concello; no Ies do Camiño, desenvolveron o I Festival Audiovisual “Curuxás 2015” no que participaron 7 curtametraxes: “cantareira de ardebullo”, “se consecuente, actua”, ”informe Robinson”, “intelixencia emocional”, ”el monton”, “o mundo na nosa aula”, “Palas no Camiño”, posteriormente tamén tiveron un Festival de despedida do Curso.

Tamén resaltar, que os alumnos do Ies do Camiño veñen de participar no Consurso de Curtametraxes levado a cabo no Ies do Ribeira (A Coruña) nun proxecto conxunto dos departamentos de Inglés, Francés, TIC Informatica, Orientación de ámbolos Institutos, co alumnado de 4 da Eso e 1º de BAC., donde saíu como gañadora a Curtametraxe Palense ”O Monton” (con 150 euros de premio).

19 de xuño de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.