Os 13 imputados na Pokémon néganse a declaran

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoOurense
A-
A+
Europa Press

Os 13 imputados na rama da Operación Pokémon que investiga a participación na retirada de multas relacionadas con Vendex e o Concello de Ourense que estaban citados para esta xornada nos xulgados de Lugo optaron por non declarar ante a xuíza instrutora, Pilar de Lara.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), nin as sete persoas citadas pola mañá nin os seis que compareceron pola tarde quixeron dar a súa versión dos feitos sobre o delito de tráfico de influencias que se lles imputa.

As citacións deste luns producíanse despois de que o pasado 25 de maio comparecesen ante o Xulgado de Instrución número 1 de Lugo outros imputados neste caso, entre eles o exalcalde de Ourense Francisco Rodríguez e cargos de Vendex como Adrián Cordero e José María Tutor Lemos. Estes imputados tamén rexeitaron declarar ante Pilar de Lara.

Tamén nesa xornada declarou o alcalde en funcións de Xinzo, Antonio Pérez Rodríguez, que por un erro tamén fora citado para este luns, aínda que ao detectarse a duplicidade, foi anulada esta última comparecencia, do mesmo xeito que ocorreu con outro caso.

Entre os citados na xornada deste luns estiveron o concelleiro do PP José Luís Valcárcel Baiget e o exconcelleiro Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa González, entre outros.

1 de xuño de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.