publicidade hoxe

Oroso organiza cursos gratuítos de natación do 1 ao 31 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso organiza uns cursos de natación gratuítos para nenos e adultos, que terán lugar do 1 ao 31 de xullo na piscina municipal de Sigüeiro. Os únicos requisitos para participar é ter máis de 4 anos, ter tramitado o carné de aboado da piscina municipal e anotarse antes do 24 de xuño nas oficinas do polideportivo municipal de Sigüeiro.

Os nenos e nenas de 4 a 16 anos terán clase de luns a venres, do 1 ao 31 de xullo, en horario de 11:00 a 13:00 horas (segundo os grupos que se conformen). Os menores de 7 anos deberán estar acompañados por un pais, nai ou titor. Para os adultos, as clases terán lugar de luns a venres, en horario de 20:30 a 21:00 horas.

11 de xuño de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.