publicidade hoxe

Oroso acolle un curso gratuíto sobre intelixencia emocional e social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

A Aula CeMIT de Oroso organiza un curso gratuíto de 31 horas lectivas (16 de presenciais e 25 de seguimento posterior en liña) sobre intelixencia emocional e social. Un curso que pretende ensinarlle ao alumnado a recoñecer e manexar as súas propias emocións como elementos de mellora persoal e profesional. Ademais, aprenderán ferramentas, estratexias e métodos para potenciar a intelixencia emocional e implementala en ámbitos profesionais concretos.

As clases impartiranse do 6 ao 9 de xullo, en horario de 12:00 a 14:00 horas, dende este luns 15 de xuño ata o xoves 2 de xullo na Aula CeMIT de Oroso. A participación é totalmente de balde, só é preciso anotarse previamente na web da Aula CeMIT orosá: https://cemit.xunta.es/gl/centro/53 ou nos mails cemit.oroso@xunta.es ou educaoroso@concellooroso.com. 

24 de xuño de 2015 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.