Oroso abre a inscrición no Campamento Xuvenil A Devesa para nenos de 7 a 14 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso abrirá mañá martes 9 de xuño o prazo de inscrición no Campamento Xuvenil A Devesa (Ribadeo), que terá lugar do 3 ao 12 de agosto. Trátase dun campamento dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 14 anos de idade organizado polo Concello de Oroso, en colaboración coa Xunta de Galicia.

O campamento atópase a cen metros das praias de Reinante e das Catedrais. Os rapaces e rapazas que se inscriban participarán en diversas actividades como muro de escalada, tiro con arco, bicicleta e actividades náuticas. O prezo do campamento é de 133 euros para empadroados ou de 183 euros para non empadroados. Máis información e inscricións no centro cultural de Sigüeiro ou no teléfono 981 690 903. 

8 de xuño de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.