publicidade hoxe

Oleiros convoca axudas á escolarización para o próximo curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Servizos Sociais, convoca as súas axudas á escolarización para o próximo curso. Trátase dunha medida pola inclusión social que ten por obxectivo apoiar aquelas familias que se atopen nunha situación desfavorable e permitir que poidan asumir os gastos extraordinarios que xeran o inicio do curso escolar. Poderán optar a esta axuda, que serán de ata 95 euros, aqueles veciños con fillos e fillas escolarizados en centros públicos ou concertados do municipio.

O prazo para inscribirse remata o próximo 25 de xuño. As solicitudes deben ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello ou ben naqueles lugares recoñecidos para o Procedemento Administrativo común. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ás dependencias da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo do Concello de Oleiros sitas na rúa Camilo Díaz Baliño sen número. Tamén poderán facelo a través do portal web municipal. Ao longo desta semana o Concello enviará ás casas toda a información necesaria a través dos alumnos e alumnas, que a recibirán nos seus respectivos centros escolares.

8 de xuño de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.