publicidade hoxe

Oleiros celebra o 6 de xuño a XXII edición da Romaría das Merendiñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros celebra o próximo sábado 6 de xuño a súa popular Romaría das Merendiñas. Chega o sol e como se facía antigamente en todas as parroquias chega esta festa dedicada a recordar eses encontros lúdico gastronómicos entre veciños e veciñas para celebrar a chegada do bo tempo. Como en anos anteriores, desde hai 22 anos, os xardíns das Torres de Santa Cruz acollerán esta popular festa homenaxe aos nosos maiores na que colaboran máis de 100 voluntarios.

Está previsto que poidan acudir arredor de 1.000 persoas a desgustar empanada, roxóns, o chourizo ao estilo Santaia, ademais de larpeira, queixo e marmelo. Pola mañá antes da comida, a Banda da Escola de Música de Oleiros ofrecerá un concerto para amenizar a chegada aos participantes e pola tarde, tras o xantar non faltará a música da man da orquestra Os Senadores.

O Concello recorda que para participar é imprescindible presentar na porta de entrada a invitación que todas as persoas maiores de 60 anos empadroadas en Oleiros recibiron nos seus domicilios a través do correo postal nestes días. No suposto que por razóns climatolóxicas non se poida celebrar a festa ao aire libre trasladarase ao polideportivo Arsenio Iglesias, situado a carón co CEIP Parga Pondal e onde se vén celebrando nos últimos anos a festa do Entroido. As predicións polo momento dan un tempo inestable, haberá que agardar ata o último momento para ver onde se desenvolverá.

Para facilitar o acceso de todas as persoas participantes haberá tres liñas de transporte que percorrerán todas as localidades de Oleiros. O percorrido de todos os autobuses inícianse ás 12:30 da mañá.

RUTAS

1.Serantes, Maianca, Dexo, Lorbé, Dorneda: Mera (Nai Pai), A Pista, O Cubo, Aba, A Torre, Igrexa Dexo, A Escola, Broño, A Igrexa, O Regacho, Cabreira, Breixo, Arillo.

2. Perillo, Montrove: Centro Cultural, Solana, Lucín, Beiramar, Che Guevara (adegas de viño), Parador

3. Oleiros, Iñás, Nós: As Torres (parada de bus), A Cova, Campamento (parada de bus Betanzos), Arenaza (cruzamento entrada urbanización), O Piñeiro, Os Vilares, a Chasqueira, Vilanova, casa do pobo de Nós, O Seixal, Alsina, Mesón da Auga, Cristo Rei, Oleiros (policía municipal)

3 de xuño de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.