Oito sumilleres alemáns visitan estes días a D.O. Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Visita dos sumilleres alemáns

Visita dos sumilleres alemáns

O Pazo de Mugartegui acolleu esta mañá a cata de oito catadores alemáns, procedentes de diferentes cidades, que visitan estes días a D.O. Rías Baixas. Este grupo de mozos profesionais percorrerán diferentes subzonas da D. O. Rías Baixas co obxectivo de coñecer as súas adegas, viñedos, así como aos enólogos e adegueiros da Denominación de Orixe. A catadora e membro do Consello de Unión de Catadoras,  Verena Herzog, destacou que “son viños frescos con acidez. Perfectos para beber no verán e para acompañar con peixes”.

Este grupo coñecerán hoxe adegas na subzona do Salnés, mentres que mañá e pasado estarán nas subzonas do Condado do Tea e O Rosal. Para Verena Herzog é “interesante poder visitar a rexión e catar diferentes viños dunha variedade que é única e coa que se elabora un viño especial”. Segundo os datos do exercicio 2014 Alemaña é o terceiro país que exporta os viños de Rías Baixas, o certo é que estes viños se atopan especialmente en restaurantes dunha, dúas ou tres estrelas e en tendas especializadas. Pero a catadora do Consello da Unión de Catadoras “espera que a partir dos próximos tres anos xa se atopen nos supermercados” asegurou. Con este obxectivo a D. O. Rías Baixas está a facer un gran esforzo promocional porque “é un mercado cun gran potencial que como elaborador e consumidor de viños brancos sempre se sitúa entre os primeiros destinos destes viños” engade Eva Mínguez, directora de promoción da D.O. Rías Baixas

Marc Almert, do restaurant Haerlin; Lisa Bader Erno’s Bistro Restaurant; Verena Herzog, catador e membro do Consello de Unión de Seumilleres; Markus Konrad, Burg Staufeneck; Timo Neidhardt; Die Sonne Frankenberg; Melanie Panitzke, WeinAmRhein; Annette Schwarz, Schloss Burg Gastronomiekuitur; Ronny Schreiber, e Restaurant Schloss Berg mostraron o seu interese por aprender máis detalles sobre a denominación, xa que o Albariño Rías Baixas é un viño coñecido no mercado alemán.

Alemaña é o terceiro mercado en exportacións da D.O. Rías Baixas con 735.679 litros, incrementou as súas compras nun  14,67%. O país xermano conta cun plan promocional específico no que destacan as misións inversas de prescriptores. 

8 de xuño de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.