Obras canaliza o manancial e pon en valor a Fonte Nova de Bamio
Os veciños de Bamio acaban de ver satisfeita a demanda do acondicionamento da Fonte Vella. O departamento de obras que dirixe Ana Granja está a piques de rematar a canalización e posta en valor do manancial e a súa contorna. Os traballos fixéronse con persoal municipal e aproveitando materiais retirados da Praza de España. A pesar de que se lle coñece como Fonte Nova, o antigo manancial de Bamio discorría de xeito natural ata o de agora.
Copa actuación que está a piques de rematar o cauce de auga xa reúne todos os requisitos dunha fonte, posto que o caudal canalizouse e instalouse un caño de aceito inoxidable polo que brota a auga que se recolle nunha pileta de pedra.. Tamén se construíu un depósito na parte posterior da fonte a efectos de manter un fluír constante da auga e facilitar a decantación de terra antes de saír polo caño. Os operarios de Obras levantaron un murete no que se asenta o caño e tras o cal se construíu o depósito.
Para realizar realizar este muro, así como para empedrar o solo de terra, aproveitáronse recursos xa dispoñibles, usando para elo adoquíns e listóns de granito retirados da Praza de España que se está humanizando. O acondicionamento da contorna da Fonte Nova completouse con traballos de poda das árbores e mellora do acceso no que se desbancou unha curva moi pronunciada e se procedeu ao asfaltado.











