publicidade hoxe

O xurado dos premios FAD de arquitectura destaca a edificación do centro social de Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+
Centro social de Oleiros

Centro social de Oleiros

O xurado da 57ª edición dos Premios FAD veñen de destacar a edificación do Centro Social de Oleiros como unha das 27 obras “seleccionadas” na categoría de Arquitectura. Así se reflicte na web do evento (http://arquinfad.org/premisfad/es/) onde a construción deseñada polo galego Carlos Seoane sitúase ao mesmo nivel que outras iniciativas como o Hospital d’Olot, a Biblioteca Pública de Ceuta, o Centro de Actividades Mariñeiras e Cabanas do Barranco en Ousesende (Outes), a Biblioteca Pública de Girona Carles Rahola ou o Museo de Bellas Artes de Asturias. Ademais hai seis obras finalistas que aspirarán ao galardón.

En total 458 obras foron presentadas entre as distintas categorías (Arquitectura, Interiorismo, Ciudad y Paisaje, Intervenciones Efímeras, Pensamiento y Crítica, e Internacionales).

O centro de Oleiros foi visitado o pasado 7 de marzo polos membros do xurado, que está presidido por Víctor López Cotelo e formado por Ignasi Bonet, Agustí Costa, Mariana Pestana, Mónica Riveira e Grabiel Valeri. 

Incluída no proxecto de Riveira Atlántica 2015 e cofinanciada nun 70% con fondos FEDER, a edificación foi unha das galardoadas  no pasado mes de marzo nos Premios COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 

Consta de dous volumes dunha soa planta dispostos en “L”. Cada un deles ten un carácter distinto: un lonxitudinal a modo de fondo de praza onde se sitúan todos os despachos e espazos máis convencionais; e un segundo, situado no borde norte da parcela, concibido como un espazo flexible e divisible mediante tabiques móbiles. Este último volume pódese abrir ao exterior permitindo unha maior versatilidade de usos, incluso para dar cabida a actividades culturais abertas á nova praza de 990 metros cadrados aproveitando a diferenza de cota sobre a mesma.

9 de xuño de 2015 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.