O Xulgado solicita do Concello da Coruña a documentación sobre posibles subvencións á Fundación FREMSS
A data de 17 de xuño, o Xulgado de Instrución número 2 da Coruña dirixiuse ao Concello da Coruña cunha dilixencia na que solicita que se lle facilite á UDEF toda a documentación existente acerca das subvencións outorgadas desde este Concello á Fundación FREMSS, se as houbese, desde o ano 2012 ata a actualidade, na que conste “concepto, data de adxudicación e importe”. Como non pode ser doutro xeito, o Concello da Coruña prestará total colaboración á Xustiza e remitirá a documentación requerida á maior brevidade.











