publicidade hoxe

O Voluntariado Ambiental de Brión acometerá a limpeza dos ríos Pego, Traba e Tinto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Voluntariado Ambiental do Concello de Brión, en colaboración co Concello de Brión e coa Deputación da Coruña, organiza unha limpeza dos ríos Pego, Traba e Tinto ao seu paso polo municipio brionés. Os veciños e veciñas maiores de 16 anos que queiran participar nesta iniciativa deberán anotarse na Casa da Cultura, no teléfono 981 509 908 ou no mail voluntariado@briondixital.org antes do mércores 24 de xuño.

Os voluntarios e voluntarias participarán nunha xuntanza de grupo o xoves 25 de xuño, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Brión, na que acordarán as datas e horas para acometer a limpeza destes tres ríos. Unha limpeza que se centrará especialmente nos tramos polos que discorren as rutas de sendeirismo de Brión.

11 de xuño de 2015 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.