publicidade hoxe

O título galego réndese ao Burela Cadete A en Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Burela FS Pescados Rubén Cadete A

Burela FS Pescados Rubén Cadete A

O Burela FS Pescados Rubén Cadete A proclamouse campión da Copa Galega o domingo pasado en Guitiriz. Os pupilos de Christian Fustes impuxéronse na gran final ao Verín por 1-3, despois de conseguir o pase tras 3-4 fronte ao Troula FS Betanzos en semifinais.

Christian Rivas, Pitero, foi recoñecido como o mellor xogador da cita. 

O conxunto laranxa, que pechou a Liga Autonómica na terceira praza, non despedirá o curso ata comezos de xullo, coa participación no IV Memorial Rodrigo Maseda Lozano 2015 (2-5 de xullo) que organiza a Fundación Imdecum.

2 de xuño de 2015 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.