O Teatro Principal de Santiago acolle a gala de final de curso do programa Compostela Actúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Este mércores 18 de xuño, ás 19:00 horas, celebrarase no Teatro Principal a gala de final de curso do programa Compostela actúa, organizado pola Concellería de Mocidade. Neste programa participan 50 mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. O programa Compostela actúa conta con tres disciplinas, unha as cales é o Glee Club, un coro grupal de adolescentes con ansias de aprendizaxe musical e no eido do canto. Nas clases trabállase con grandes éxitos e cancións actuais, con propostas abertas a todo tipo de suxestións (rock, pop, disco, dance…).

Outro grupo de mozos e mozas dedícase á aprendizaxe teatral. Así, no grupo 4ª Parede, os participantes aprenden a actuar e convértense en actores e actrices, adquirindo formación en materias como a modulación da voz, a xesticulación…

Instrumentals é a denominación do terceiro dos grupos do Compostela actúa. Os mozos e mozas tocan algún instrumento no marco dun grupo musical e traballan cancións de todos os estilos. Casa participante escolleu un instrumento para tocar dentro do grupo: guitarra eléctrica, española, batería, teclado…

Na gala do principal, os mozos e mozas do Glee Club e do grupo de teatro 4ª Parede amosarán o traballo realizado durante o curso.

17 de xuño de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.