publicidade hoxe

O surrealismo invade aos alumnos de Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

O pasado venres, 12 de xuño, os alumnos e alumnas de 3º de ESO, 4º de ESO e 2º de Bacharelato inauguraron unha exposición no salón de actos do Concello de Bande, cuxa temática se basea no Surrealismo. Ao acto acudiron amigos, familiares, profesores dos alumnos do IES Aquis Querquernis e o alcalde de Bande, José Antonio Armada Pérez, os cales puideron presenciar catro performances e un pequeno desfile de moda inspirado nalgúns artistas pertencentes a tal movemento.

Posteriormente os asistentes observaron o resto de obras plásticas que se exhibían na mostra. Algúns dos alumnos aproveitaron para explicar os seus traballos in situ aos espectadores máis curiosos e interesados neste movemento de vangardas.

Tamén houbo tempo para facer unas cantas instantáneas e tomar un pequeno refrixerio á vez que os alumnos, emocionados, vendían as camisetas da exposición cuxo deseño foi realizado polo alumno, Luís Garrido Feijóo, en base á obra daliniana “Teléfono afrodisíaco branco” que figura no cartel que publicita a mostra.

A exposición poderase visitar polas mañás ata o venres 19 de xuño no Concello de Bande. Pasada esta data os traballos poderanse visualizar en liña en http://plasticlass.blogspot.com.es/

16 de xuño de 2015 | 11:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.