O SUP pide que os axentes feridos en Vigo sexan propostos para a Orde do Mérito Policial
O Sindicato Unificado de Policía (SUP) pediu que os catro axentes que resultaron feridos este xoves, cando asistían a un home que se quería suicidar en Vigo e que arremeteu contra eles armado cunha tesoira, sexa proposto para ingresar na Orde do Mérito Policial.
O sindicato destacou que esta actuación cumpre as condicións para que os axentes poden recibir ese recoñecemento, e rematar así coa “seca” da Comisaría de Vigo, que non propón ingresos na Orde por actuacións concretas, senón por traxectorias profesionais.
Por outra banda, o SUP puxo de relevo a importancia dos equipos de protección individual e indicou que, de non ser porque os axentes que actuaron neste caso levaban chalecos, luvas e escudos, as súas feridas poderían ser moi graves. Así, advertiron de que, malia que estes elementos “poden salvar vidas”, moitos axentes seguen sin telos.
Ademais, reiteraron a súa denuncia da escaseza de persoal na Comisaría de Vigo e advertiron de que unha comisaría como a de Vigo “non pode ter só catro dotacións zeta na rúa” (e un en Redondela).











