O Rio Natura Monbus Obradoiro e Fran Cárdenas renovan por unha tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Fran Cárdenas

Fran Cárdenas

O Rio Natura Monbus Obradoiro e Fran Cárdenas alcanzaron un acordo para a renovación do seu contrato para a tempada 2015/16. O base de 1,76 metros e 24 anos completará, desta maneira, a súa segunda campaña na liga Endesa, na que promediou 2.0 puntos e 1.2 asistencias nos 8 partidos que disputou no presente exercicio ás ordes de Moncho Fernández.

“Cando unha negociación comeza coa outra parte dicindo ‘o Obra é a miña primeira opción. Quérome quedar’, todo é moito máis sinxelo. E esa foi a postura de Fran, que desempeñou o nada fácil rol de terceira base con boa nota e fíxose merecedor de continuar no Rio Natura Monbus Obradoiro. Estamos seguros de que continuará axudando ao equipo cada día e estará preparado para cando teña que saltar á cancha a dirixilo”, afirma o director xeral do club, José Luís Mateo. 

18 de xuño de 2015 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.