O R.C.Celta Alevín disputa a Final Nacional da Danone Nations Cup

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O Real Club Celta Alevín A, que está a realizar unha tempada espectacular, infestada de triunfos, é un dos 16 equipos finalistas, procedentes de toda España, que disputarán este fin de semana en Barcelona a Final Nacional da Danone Nations Cup, o mundial dos alevíns, un evento que ademais apadriña nesta ocasión o xogador celeste Andreu Fontás. O sábado 6 e o domingo 7 de xuño, a Cidade Deportiva Dani Jarque e o Power8 Stadium de Cornellá, acollerán a máis de 250 nenos e nenas que disputarán 44 partidos ao longo dun fin de semana tan intenso como emocionante.

Dos 40.000 nenos e nenas de toda España que participaron nas Fases Rexionais e Previas do torneo disputadas, máis de 250 farán realidade o seu soño este fin de semana, no que terán a oportunidade de conseguir o pase á Final Mundial que terá lugar en Marrocos, no mes de outubro. Un soño que viu cumprido a UD Cornellà o ano pasado, que representou a España na final de Brasil.

A Final Nacional 2015 terá un cartel de luxo co mellor do fútbol base español. O Real Club Celta competirá con conxuntos como Barcelona, Espanyol, Atlético de Madrid, Real Madrid, Valencia, Vilarreal e Sevilla, entre outros.

A Danone Nations Cup busca fomentar o deporte e o xogo limpo. E para iso, premia co Premio Fair Play Alimenta Sorrisos ao equipo que mostre un comportamento exemplar na súa participación durante o torneo, tanto dentro como fóra do terreo de xogo.

Ademais dos partidos, organizáronse numerosas actividades paralelas das que poderán gozar tanto os xogadores como as súas familias e o público asistente.

Os equipos clasificados para a fase final son os seguintes:

Real Club Celta de Vigo, CD Badajoz, CD Puerto Malagueño, Club Atlético Madrid, Club Gimnàstic Manresa, Escuelas Deportivas Danone, FC Barcelona, Getafe CF, Levante UD, RCD  Espanyol, Real Madrid CF, Sevilla FC, UE Cornellà, Valencia CF e Villarreal CF

5 de xuño de 2015 | 12:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.