publicidade hoxe

O PSdeG remite a Ferraz un expediente disciplinario ao alcalde de Becerreá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O PSdeG remitiu a Ferraz un expediente disciplinario aberto ao alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, ante a “enorme gravidade” de que propiciase que o PP presida a Deputación de Lugo, tras negarse a acatar a orde da dirección do partido de votar a un candidato alternativo para este órgano que obtivese o respaldo do BNG.

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, explicou que a orde que tiña Martínez de votar ao alcalde da Pontenova para “manter un goberno progresista” na Deputación de Lugo “era unha decisión do partido, non unha decisión individual”.

En rolda de prensa celebrada un par de horas despois de que Martínez confirmase que non vai renunciar á Deputación de Lugo, Cancela dixo que non debe “prexulgar” se Martínez, que milita desde fai 40 anos nas filas socialistas, vai ser expulsado.

Ademais, recoñeceu que o escenario que ve de bo grado a dirección do PSdeG é poder presentar unha moción de censura. O PSdeG conta con 11 deputados na Deputación de Lugo, o BNG con dous e o PP con 12, co que a socialistas e a nacionalistas non lles chegaría sen o voto de Manuel Martínez para desbancar aos populares.

25 de xuño de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.