publicidade hoxe

O primeiro paso do novo grupo de goberno pasará por dinamizar o verán no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega xunto co concelleiro de promoción económica Adolfo Nogueira e o de Ocio e Dinamización Turística Manolo Dacal, manterán este mércores, 17 de xuño,, unha reunión cos membros da Asociación de Hostaleiros da vila, co firme obxectivo de buscar fórmulas para dinamizar o verán carballiñés, con especial atención no mes de xullo ofrecendo, dende o goberno municipal, o apoio total ao sector hostaleiro local, e o mesmo tempo escoitando as suxestións que estes profesionais poidan aportar para acadar o fin desexado.

Á reunión foron convidados tanto os membros da Asociación de Hostaleiros, como os profesionais deste sector que non estean no citado colectivo. Trátase, tal e como apuntaba o concelleiro de promoción económica, de “escoitar e achegar ideas para, entre todos, poder facer cousas e accións que en definitiva redunden no ben común de todo O Carballiño. O Carballiño creo que conta con moitas ferramentas para que, durante o verán, sexamos o punto de destino de moita xente”. As accións estarán pensadas nos distintos eidos como o cultural, deportivo, ocio, infantil, etc…con fin de recuperar O Carballiño como centro de referencia para milleiros de visitantes que aportaron durante moitos anos un importante fluxo económico”.

Cabe lembrar que O carballiño conta xa con citas importantes durante o mes de agosto, como son a Festa do Pulpo e as Xociviga, que enchen o pobo de visitantes e dan opcións de ocio os veciños e veciñas. Setembro tamén é un mes que conta con atractivos de ocio, como son as festa patronais. Por iso o goberno municipal quere dinamizar o mes que, ata agora, contaba con menos ofertas, como é o de xullo, se esquecer os restantes meses do verán. 

Para o actual grupo de goberno a dinamización económica debe ser una cuestión transversal xa que “dinamizando o sector hosteleiro estamos aportando una dinamziación nos outros sectores como o comercial, e no fomento da creación de emprego”. O mesmo sucederá cando as accións se dirixan a  os outros sectores económicos da vila. 

Non será esta a única reunión sectorial que manterá os actuais gobernantes municipais, xa que están previstas outras con sectores, como o comercial ou o empresarial,  tamén representativos e moi importantes para  a economía local. 

16 de xuño de 2015 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.