O Porto de Vigo recibe ao exclusivo veleiro ‘Wind Surf’

Veleiro Wind Surf
O Porto de Vigo recibiu esta mañá a primeira escala desta tempada do ‘Wind Surf’. Considerado o barco máis grande da flota ‘Windstar’, é un iate de vela con capacidade para un total de 310 pasaxeiros e 191 tripulantes. Chegou a Vigo ás 07.15 horas procedente de Málaga e ás 17.00 horas dirá adeus aos peiraos olívicos. Durante a súa estancia na nosa cidade, trouxo a bordo un total de 272 pasaxeiros de 11 nacionalidades distintas, na súa maioría americanos (225 pax.) e 193 tripulantes.
O buque, pertencente á flota ‘Windstar’, foi construído en 1990 e foi renovado en 2013. É o último dos tres buques de idénticas características que se construíu, irmán do ‘Spirit’ e o ‘Star’. Con 14.745 toneladas, defínese polo seu ambiente elegante, con comodidades como a plataforma para deportes acuáticos equipada con veleiros, equipo de mergullo, táboas de surf, kaiaks e esquíes. Así mesmo, o ‘Wind Surf’ dispón de biblioteca cunha ampla colección de libros, CDs e DVDs, e a ponte de mando está aberto para aqueles pasaxeiros aos que lles apeteza coñecer o funcionamento do sistema de velas operadas por computadora.
Pola súa banda, o ‘Yacht Club’ é a sala do barco perfecta para a lectura, ollar as noticias ou gozar dunha boa conversación cos amigos. O ‘Wind Surf’ tamén conta con piscina, dous jacuzzis, ximnasio, salón e galería de arte.
O almorzo e xantar sérvense ao aire libre en ‘The Veranda’, situada na cuberta superior, mentres que a cea está dispoñible en tres lugares separados, cada un con cociña e ambiente lixeiramente diferentes. O comedor principal ‘The Restaurant’ serve un innovador menú de especialidades gourmet, e, como alternativa, o ‘Degrees’ prepara cociña italiana, francesa, e indonesa. Pola súa banda, ‘Candles’ é o restaurante ao aire libre do barco, e ten un menú de carnes e brochetas, todo servido cunha selección de deliciosas salsas.
O lugar favorito para reunirse despois da cea inclúe o casino, a sala ‘Wind Surf lounge’ e o piano bar ‘Compas Rose’. Todos os camarotes teñen vista ao mar, e as suites contan con sala de estar/comedor e baños separados por sexo. O ‘Wind Surf’ tamén ofrece camarotes spa suites, que ofrecen roupa de cama e artigos de baño especiais e bonos para servizos no spa e clases de exercicios no ‘WindSpa’.
A naviera
‘Windstar Cruises’ foi creada en 1984 co obxectivo de ofrecer unha alternativa ao cruceiro convencional ou ao complexo turístico de vacacións. O seu luxo e a súa habilidade por recalar naqueles portos máis recónditos onde outros barcos non chegan fan desta compañía unha fantástica elección. Con capacidade para entre 148 e 312 pasaxeiros, os seus itinerarios van desde o Mediterráneo, a Costa Amalfitana e as Illas Gregas ata o Mar Exeo, o Caribe e Costa Rica.
Co paso dos anos, ‘Windstar’ soubo gañarse a confianza dunha nova xeración de viaxeiros que a valoran polo ambiente informal pero elegante de a bordo, polas interesantes excursións que ofrecen en terra, polas cómodas acomodacións -todas exteriores- e polos deportes acuáticos que poden practicarse desde a mariña do barco: kaiak, windsurf, mergullo e ski acuático.
Cunha elegante liña, os barcos de ‘Windstar’ –‘Wind Surf’, ‘Wind Star’ e ‘Wind Spiri’t- son revolucionarios en concepto e deseño. Oficialmente clasificados como barcos de vela e motor, teñen un sistema computerizado desde o cal en dous minutos izan velas desde a ponte de mand.o











