O Porto de Vigo recibe a escala do transatlántico ‘Albatros’ con máis dun milleiro de persoas a bordo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O Porto de Vigo recibirá hoxe a escala do ‘Albatros’ con máis dun milleiro de persoas a bordo, entre pasaxe e tripulación. Procedente de Lisboa (Portugal), chegou ao Peirao de Transatlánticos ás 09.00 horas, onde permanecerá ata as 17.00h., momento no que porá rumbo a Londres (Gran Bretaña). A bordo viaxan 663 pasaxeiros (629 alemáns) e 367 tripulantes.

Fretado pola compañía alemá ‘Phoenix Reisen’, pertence a unha serie de tres buques xemelgos, todos eles en servizo. Os outros dous son de ‘Fred. Olsen Cruise Line’ e chámanse ‘Black Watch’ e ‘Boudicca’. O barco ten unha eslora de 205,46 metros, un calado de 7,54 metros, unha manga de 27 metros, un rexistro bruto de 28.518 toneladas e bandeira de Bahamas. 

Construído polos estaleiros de Oy Wartsila A/B en Helsinqui (Finlandia), este buque foi botado en 1973. Conta con 420 camarotes, 2 restaurantes, 14 cubertas e capacidade máxima para acoller a un total de 830 pasaxeiros e 430 tripulantes. 

Anteriormente navegou cos nomes de ‘Royal Viking Sea’, ‘Royal Odyssey’,  ‘Norwegian Star’ e ‘Crown’.

8 de xuño de 2015 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.