O Pazo Provincial acolleu a reunión do Consorcio contra Incendios de Valdeorras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Reunión do consorcio

Reunión do consorcio

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na reunión que celebrou no Pazo Provincial do pleno do Consorcio contra Incendios e Salvamento de Valdeorras. A orde do día da xuntanza incluíu temas de ámbito económico e de xestión, entre os que figuraron a presentación da memoria de intervencións e actividades do exercicio 2014, os informes da xerencia e os decretos e resolucións da Presidencia. Xunto ao presidente do goberno provincial participaron na reunión o presidente do consorcio e alcalde de Larouco, Joaquín Bautista Prieto; os alcaldes de Chadrexa de Queixa a A Rúa e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez.

12 de xuño de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.