O Parque Infantil de Tráfico remata o curso tras realizar actividades de educación viaria para 3.000 escolares de Ourense
Esta mañá no salón de plenos do Concello tivo lugar a entrega de diplomas, trofeos e premios aos/as 12 alumnos/as (pertencentes a centros públicos e concertados) que superaron as probas teóricas e prácticas da 1ª e a 2ª fase de selección do XVII Concurso Local de Educación Viaria, do Parque Infantil de Tráfico, realizadas nos meses de maio e xuño en Expourense. Asistiron ao acto representantes do Concello, que participa neste programa a través das Concellerías de Educación e Tráfico, a Dirección Xeral de Tráfico e e Expourense.
A selección realizouse entre 1.500 alumnos/as de 5º e 6º curso de Educación Primaria que participaron nas actividades de Educación Viaria do Parque Infantil de Tráfico de Ourense durante o curso escolar 2014/2015, quedando seleccionados nunha primeira fase 32 alumnos/as de doce centros e na segunda fase 12 alumnos/as de nove centros.
Estes 12 alumnos de 5 e 6º de Primaria estudian nos colexios CEIP O Couto, CEIP Irmáns Villar, CEIP Albino Núñez, CEIP Vistahermosa, CEIP Prácticas, CPR Santa Teresa, CPR Maria Auxiliadora, CPR Santo Ángel e CPR Concepción Arenal. Superaron as probas teóricas sobre normativa e sinalización e as probas prácticas de habilidade e destreza na condución de kart e de bicicleta.
As probas para elixir aos dous finalistas foron realizadas no Parque Infantil de Tráfico o día 1 de xuño, resultando:
FINALISTAS:
Iker González Rivera.- CEIP O Couto
Aarón Suárez Porto.- CPR Santo Ángel
SEMIFINALISTAS
Hugo Mosquera Domínguez.- CPR María Auxiliadora
Alejandro López Calviño.- CPR María Auxiliadora
Noelia Carnero González.- CEIP Albino Núñez
José Pérez Atrio.- CPR Santa Teresa
Pablo Parrilla González.- CPR Santa Teresa
Pablo Quiroga Pousa.- CRP Santa Teresa
Antón Suárez Terradillos.- CEIP Prácticas
Iria Añel Diaz.- CEIP Irmáns Villar
Rocío Blanco Vázquez.- Concepción Arenal
Ainara Rodríguez Álvarez.- CEIP Vistahermosa
Tres mil nenos e nenas participantes
O total de alumnos e alumnas que participaron durante o curso escolar nas diferentes actividades do Parque Infantil de Tráfico foi de 3.104 nenos e nenas procedentes de 30 centros educativos da cidade.











