O Museo de Pontevedra inaugura a exposición “Pedro Solveira. El eterno comienzo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

“Pedro Solveira. El eterno comienzo” é o título que dá nome á exposición que este venres se inaugura no Museo de Pontevedra. Comisariada por Carlos Solveira e Alicia Gómez, a mostra recolle arredor de 170 obras, producidas entre 1944 e 2015, nas que o artista vigués foi utilizando diferentes técnicas.

Nesta exposición Solveira fai un repaso por toda a súa traxectoria, dividida en fases ou grupos de obras: constructivismo dinámico, blanco sobre blanco, vuelos imposibles, pasando polos traballos de ferro-oxidacións sobre volumes no espazo, os encontros con Malévich e coa música, e os debuxos e a obra figurativa inicial. A súa obra transcende o espazo que lle corresponde e invade o do espectador nun xogo medido de composicións e xeometría, unha selección que podería acollerse baixo o título dunha das seccións que el mesmo dispón: a pintura fóra de si, dentro do que cabe…

Esta mostra responde ó compromiso da Deputación e do Museo de Pontevedra de apoiar e revalorizar o traballo dos nosos artistas. Nos últimos catros anos contabilizouse o maior número de exposicións e actividades realizadas coa presenza de artistas pontevedreses coma Manuel Paza, Helena Colmeiro, Barreiro, Antón Lamazares ou o propio Pedro Solveira.

“Pedro Solveira. El eterno comienzo” inaugurarase este venres no Museo de Pontevedra, ás 20:00 horas, e permanecerá aberta ó público ata o 5 de xullo no Sexto Edificio. Organizaranse visitas guiadas todos os xoves, ás 19:00 horas, sen necesidade de inscrición.

4 de xuño de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.