O Museo de Arte Contemporánea e a Sociedade Filatélica da Coruña emiten unha serie postal personalizada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Serie de catro selos emitidos

Serie de catro selos emitidos

Con motivo do XX Aniversario da súa creación, o Museo de Arte Contemporánea de Gas Natural Fenosa e en colaboración coa Sociedade Filatélica da Coruña, emite hoxe unha serie postal composta por catro selos personalizados de tarifa A (correo ordinario de territorio nacional).

Desde a aparición en 1850 dos primeiro selos españois durante o reinado de Isabel II, a arte foi un referente temático para moitos coleccionistas e onde as series dedicadas á nosa pintura clásica pasaron a formar parte de coleccións filatélicas de renome con prestixio nacional e internacional.

Con esta emisión téntase dar un recoñecemento á arte contemporánea ata agora esquecido neste mundo do coleccionismo filatélico. O Mac e a Sociedade Filatélica da Coruña traballaron xuntos para facer posible a emisión de catro selos personalizados ilustrados con distintos motivos: a fachada principal do museo e tres pezas representativas da pintura, escultura e fotografía que conforman a súa colección.

11 de xuño de 2015 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.