O Movemento Galego da Saúde Mental denuncia o peche de 15 prazas hospitalarias na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica de Conxo
Dende a organización Movemento Galego de Saúde Mental afirman que non sobra, nin tan sequera temporalmente, unha soa praza de hospitalización psiquiátrica na área de Compostela, xa que as condicións de saúde mental da poboación están a agravarse e os padecementos psíquicos non son estacionais. Así mesmo, indican que se está a restrinxir inxustamente o dereito da cidadanía ao tratamento hospitalario mediante a negativa a realizar ou demorar o ingreso psiquiátrico, ou mesmo dando a alta precozmente, derivando así de xeito inaceptable a carga do coidado e a asistencia sobre as familias dos pacientes.











