O MIHL acolle un taller de debuxo romano durante o mes de xuño
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que este próximo sábado siguen a desenvolverse no MIHL os talleres de debuxo romano dirixido a nenos e nenas. Esta actividade que ten unha duración de dúas horas e media, de 11 a 13.30 horas, está centrada no pasado romano da cidade de Lugo, de cómo se foi creando e como era a vidad dentro das murallas para que os nenos e nenas poidan ir debuxando a historia. O obxetivo da actividade é achegar ós nenos dunha maneira amena por medio das artes plásticas un pouco da historia do pasado romano da cidade de Lugo
O obradoiro destinado a nenos de entre 5 e 12 anos, cun máximo de 20 por sesión coñeceran diferentes técnicas de debuxo que porán en práctica da mán da ilustradora Mariana Roura. As clases que quedan serán os días 6, 13, 20 e 27 de xuño no MIHL, salvo o día 20 que con motivo do Arde Lucus celebrarase na Praza de San Marcos e nos que se farán traballos manuais relacionados coa arte romana.
A sesión de ese día alongaráse durante toda a mañá e elaboraránse entre todos os que queiran participar un mosaico romano con trociños de papeis de cores, que os nenos irán pegando con pequenas indicacións.Paralelamente a isto, os máis pequenos poderán colorear algún debuxo relacionado co mundo romano creado específicamente para isto ou facer un mosaico máis reducido que logo se poderán levar.











