O goberno socialista de Vilagarcía e BNG abordan os contados a aprobar no pleno organizativo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O equipo de goberno socialista mantivo este mediodía o terceiro dos encontros preparativos do Pleno Organizativo de cara ao mandato que acaba de iniciarse. O alcalde, Alberto Varela, e a voceira do goberno, Tania García, recibiron aos tres concelleiros do BNG no que foi o primeiro encontro co grupo nacionalista.

N reunión, que se celebrou cun grato clima de cordialidade, o goberno expuso a súa idea sopbre a organización da actividade da Corporación, como o calendario das reunións dos Plenos, comisións, Xunta de Goberno, así como aspectos relativos á participación cidadá, ás liberacións dos concelleiros socialistas, á composición dos órganos municupais e represnetacións.

O encontro de hoxe foi unha toma de contacto que se concretará con propostas firmes nos vindeiros días, na segunda rolda de conversas, posto que o goberno aínda ten que reunirse co edil de Somos Maioría. A continuación levarase a cabo a segunda e definitoria entrevista cos catro grupos da oposición para pasar a convocar o Pleno organizativo no que os socialistas, que gobernan en minoría con 8 concelleiros, deberán contar co apoio ou a abstención dalgúns dos grupos para sacar adiante a súa proposta final.

29 de xuño de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.