O goberno do Carballiño reúnese cos hostaleiros do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Seguindo a linea de escoitar e contar con todolos colectivos do municipio, para a convocatoria de actividades, os mandatarios carballiñeses manterán este luns, 29 de xuño, as 17:00 horas, unha reunión cos hostaleiros da vila, para unificar con eles una serie de citas importantes para esta datas estivais.

En concreto o edil Manolo Dacal siñalaba que “manteremos esta reunión para consensuar aspectos importantes da celebración da Festa do Pulpo, as festas patronais, e a programación do verán 2015”. Dacal , como o resto dos gobernantes socialistas carballiñeses, entende imprescidible a participación activa deste sector en ditas citas “xa que en definitiva son eles os que máis poden aportar a este tipo de actividades”.

Así mesmo os edis queren ofrecer a colaboura en cantas actividades queran realizar dende a hostalaria local “con este flujo constante entre los princiais sectores económicos da vila e o concello, conseguiremos, na medida do posible, crecer e optimizar os recursos de todos”.

Este tipo de reuniones se manterán co resto de colectivos sociais e econòmicos do Carballiño “xa que o noso obxetivo é crear un concello o máis participativo posible”.

27 de xuño de 2015 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.