O galego Jaji Iglesias continúa co afán por unir surf e tecnoloxía nunha rede social
Surfergarage, a primeira rede social dedicada ao mundo do surf, dá un paso máis no seu implementación e lanza unha aplicación valida para o 90% de smarthphones con sistema operativo Android. Con esta nova app a rede, que é un proxecto de capital 100% español, impulsado por un equipo de empresarios, profesionais do sector do surf e das novas tecnoloxías, pretende multiplicar o número dos seus usuarios actuais por cinco, alcanzando os 50.000 usuarios.
O ano pasado Surfergarage presentou a súa aplicación para Iphone e a acollida foi moi positiva rexistrando máis de 10.000 descargas. Á fronte deste proxecto, que une surf e tecnoloxía, atópase o galego, Jaji Iglesias, surfeiro e socio-fundador da rede. “O balance deste ano é bastante bo, estamos nun sector moi de nicho e todos aqueles que interactúan son amantes do surf. Estamos contentos xa que chegar á nosa masa crítica e ofrecer usabilidade eran os nosos obxectivos nesta primeira etapa do proxecto”, afirma Jaji Iglesias, socio fundador de Surfergarage.
As principais vantaxes da rede do surf é que simplifica todas as redes sociais en só unha, o usuario ten na súa man todo aquilo relacionado co mundo do surf; desde aloxamento, viaxes, actualidade, quiver, fotografía, eventos, partes de ondas…
O equipo de Surfergarage conta con importantes surfeiros como socios e embaixadores como Kepa Aceiro e Gony Zubizarreta, e nesta tempada espera seguir medrando e contar con novas e importantes incorporacións.
Ademais da nova aplicación para Android -dispoñible en inglés, portugués e castelán e con filtros fotográficos baseados en anuncios internacionais para IOS- Surfergarage conta como novidade cun novo blogs https://surfergarage.wordpress.com/ onde se narran as viaxes dos embaixadores.
Segundo Iglesias, “Fomos mellorando cousas, suprimindo e implementando novas. Queremos que sexa máis útil, que a experiencia sexa rápida e enriquecedora. Que acheguemos cousas novas, actualizamos cada día desde as nosas oficinas e os usuarios desde onde se atopen, normalmente desde a praia”.
Actualmente, Surfergarage está presente en España e Portugal, pero entre os plans de Iglesias atópase “a extensión a outros países europeos como, Francia e Alemaña, así como toda Sudamérica, contando con prescriptores profesionais en todos eles e, nun segundo estadio, alcanzar países cunha ampla demais tradición surfística (Estados Unidos, Australia, etc)”.











