O filme “Inevitable” pecha as proxeccións do semestre en Redondela
O ciclo de proxeccións do programa CINEMAS DE GALICIA, promovido pola AGADIC, remata este venres 26 de xuño, ás 21.00 h, no auditorio da Xunqueira, coa proxección do filme “Inevitable”.
Director: JORGE ALGORA.
Intérpretes: FEDERICO LUPPI, DARÍO GRANDINETTI, MABEL RIVERA, ANTONELLA COSTA e CAROLINA PELERITTI.
Guión adaptado: Jorge Algora e Héctor Carré.
Obra orixinal: Mario Diament
Esta coprodución galego-arxentina está dirixida porJorge Algora, e a música orixinal é de Berrogüetto.
Sinopse
Fabián (Darío Grandinetti), traballa como executivo nun banco. Trala morte dun compañeiro de traballo, entra en crise.
Mariela (Carolina Peleritti), a súa muller, é psicóloga e ten como paciente a Olga (Mabel Rivera), unha muller amargada que trata de descargar a súa frustración sobre a terapeuta.
Fabián coñece un famoso escritor cego (Federico Luppi), que intenta axudalo. Guiado polos seus consellos, Fabián forza unha relación con Alicia (Antonella Costa), unha moza escultora, á que ve como o seu amor inevitable.
O filme está recomendado para maiores de 16 anos. As entradas pódense adquirir dende o mércores e custan 3 €.











