O ex fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, participa nun xantar-coloquio en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Coloquio con Eduardo Torres Dulce

Coloquio con Eduardo Torres Dulce

Medio centenar de profesionais do Dereito asistiron este mediodía ao IV xanto-coloquio organizado polo Foro de Dereito Alumni Pontevedra da Universidade de Navarra, que tivo lugar no Hotel NH Palacio de Vigo. O evento tivo como convidado a Eduardo Torres-Dulce, Fiscal de Sala na Fiscalía ante o Tribunal Constitucional e ex Fiscal Xeral do Estado, que pronunciou a conferencia “O futuro da Xustiza en España”.

Ao encontro asistiron Fernando Suanzes, Fiscal Superior de Galicia; Juan Carlos Aladro, Fiscal Xefe da provincia de Pontevedra; Susana García-Baquero, Fiscal Xefe de Vigo; Germán Serrano, Xuíz Decano de Vigo; Jaime Bardají, ex Xuíz Decano de Vigo; e Antonio Romero, Maxistrado Emérito do Tribunal Supremo, entre outros.

Trátase do cuarto encontro que organiza o Foro de Dereito Alumni Pontevedra, unha entidade formada por licenciados en Dereito pola Universidade de Navarra da provincia, colectivo que agrupa a máis de 200 graduados. O obxectivo do Foro é crear un espazo de debate e promover actuacións conxuntas que permitan aos seus integrantes establecer sinerxías profesionais, así como crear un lobby no ámbito xurídico e empresarial que potencie as súas actuacións.

Durante o xantar, que contou co patrocinio de CaixaBank, Diego Maraña, presidente de Alumni Pontevedra da Universidade de Navarra, afirmou que “a celebración destes encontros supón unha oportunidade para continuar vivo o espírito da Universidade de Navarra e ofrecer formación de alto valor engadido para os profesionais do Dereito da provincia”.

Alumni Universidade de Navarra

A agrupación Alumni nace en 1992 para servir á Universidade de Navarra e aos seus antigos alumnos. Desde entón, participa do afán do Centro por descubrir e transmitir o coñecemento ao máis alto nivel intelectual e profesional, e preparar profesionais destacados que sirvan á comunidade na que traballan, con responsabilidade cidadá e iniciativa, contribuíndo a orientar a sociedade cara a configuracións máis xustas e harmónicas.

Actualmente, a provincia de Pontevedra conta cunha comunidade de máis 1.000 antigos alumnos da Universidade de Navarra.

11 de xuño de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.