O espectáculo ‘O que hai que ver’ pechará o domingo a Festa da Rosa deste ano
A concelleira mosense Sara Cebreiro lembrou hoxe que esta fin de semana remata a programación organizada con motivo das Festas da Rosa 2015, que se pechará o domingo cunha actividade moi especial e divertida. O domingo 21 de xuño Fulano, Mengano e Citano traerán a Mos o seu espectáculo ‘O que hai que ver’, dirixido a público adulto e que representarán no Multiusos das Pozas a partir das 20.00 horas. A entrada será de balde.
‘O que hai que ver é unha versión, en pequeno formato, do espectáculo “Top Manta”, na que se contan -en clave satírica- unha serie de historias, actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro para crear un cóctel explosivo que arrincará o sorriso constante do público.
Trátase dun espectáculo para rir por non chorar, como soe dicirse, e entre o elenco de actores intérpretes conta con Suso Pando, Marcos Alonso e Manuel Pombal baixo a dirección deste último.











