O Entroido de Verán será a primeira cita dinamizadora do período estival no Carballiño
Durante máis de duas horas os edis de Ocio, Promoción económica e Cultura, estiveron reunidos cos hostaleiros da vila que acudieorn a chamada do novo goberno municipal. O obxetivo desta reunión: Dinamizar o verán carballiñés se, sobre todo, o mes de xullo. Recuperar ó Carballiño como o destiño principal da provincia e das localidades limítrofes, durante esas datas.
A proposta do edil de Ocio Manolo Dacal de celebrar un Entroido de Verán foi ben acollida polos hostaleiros. As datas para a celebración sería as fines de semana do mes de xullo. A idea é que participen o maior número de locais, e serán eles os que decidan que fórmula elexiran para esta actividade, xa que unha das ideas que se plantexou foi a de fines de semana temáticos en cada local.
Por outra banda os edis carballiñeses estiveron escoitando as suxerencias e queixas dos profesionais da hostelería local, e tomando nota das cousas que se deben cambiar e das que deben quedar como ata agora. Entre outras cuestions falouse da ubicación das Festas de Setembro, e da posibilidade de recuperar a tradición de grandes concertos na vila durante esas datas, que eran un dos maiores atractivos das patronais carballiñesas.











