publicidade hoxe

O empresariado do Carballiño acollen alumnado en prácticas dun curso de Cogami

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Este luns, 15 de xuño, remata o curso de formación profesional en Auxiliar de Oficina que COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) estivo impartindo na aula Cemit de O Carballiño dende o mes de abril e no que participaron 14 persoas con discapacidade, 5 mulleres e 9 homes.

O curso contou cunha duración de 160 horas teóricas e, durante esta semana, o alumnado iniciará as 60 horas de prácticas en empresas e entidades de O Carballiño que se prestan a colaborar con COGAMI, como é o caso de La Montañesa, Ourenpost, Lexcam e a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto. 

O curso de Auxiliar de Oficina estivo financiado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

COGAMI aposta pola formación para dotar ás persoas con discapacidade en idade laboral dunha cualificación profesional que lle permita acceder ao mercado de traballo en igualdade de oportunidades. Nos vinte e cinco anos de traxectoria da organización, impartíronse 423 cursos presenciais e 62 a distancia nos que se formaron 7.300 persoas en toda Galicia.   

15 de xuño de 2015 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.