O edil de Economía Social defende potenciar os mercados municipais da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Alberto Lema, concelleiro de Emprego e Economía Social, visitará este luns pola mañá o mercado de San Agustín, onde se reunirá coas praceiras e praceiros do recinto, así como con outros representantes dos mercados municipais, que o goberno local da Coruña considera que precisan “promoción” para converterse en motores económicos e dinamizadores vitais de cada barrio.

Segundo o concelleiro de Emprego e Economía Social, “o que cómpre facer agora é reflexionar e pensar entre todos que Praza de San Agustín e que mercados municipais queremos; diversificando a oferta e potenciando sempre o comercio de proximidade, o cooperativismo ou a artesanía”. “Os actuais problemas de San Agustín veñen da xestión precedente, que non tivo en conta o especial valor arquitectónico e histórico do propio edificio, nin as especificidades dun sector a protexer especialmente: o das praceiras e praceiros, que o goberno anterior contemplaba como un colectivo en extinción”∙, engadiu Lema.

21 de xuño de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.