O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e Belén do Campo visitan as novas dependencias do ente autonómico na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Visita ás instalacións

Visita ás instalacións

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, José Antonio Cerdeira, e a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitaron hoxe as novas oficinas do ente autonómico na cidade da Coruña. A semana pasada, as dependencias deste servizo na cidade, antes localizadas na rúa Alférez Provisional, foron trasladadas ao edificio administrativo da Xunta en Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2. No seu percorrido polas instalacións, Cerdeira e Do Campo aproveitaron para saudar os 10 traballadores do servizo e para agradecerlles a súa labor.

O traslado destas dependencias enmárcase no plan deseñado pola Delegación da Xunta na provincia para racionalizar o gasto en alugueiros e, á vez, seguir a concentrar no mesmo inmoble os servizos que o Executivo autonómico ten espallados pola cidade. A medida permite continuar coas labores de optimización dos recursos da Administración galega, ademais de facilitar o traballo dos empregados públicos e incrementar a calidade do servizo aos administrados.

2 de xuño de 2015 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.