publicidade hoxe

O depósito de aparellos voluminosos na vía pública de Oleiros debe realizarse con previa comunicación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros recorda que o depósito de aparellos voluminosos na vía pública para a súa posterior recollida debe realizarse con previa comunicación, xa que do contrario podería carrear importantes sancións que van desde os 501 ata os 1.500 euros. O día establecido no noso municipio para a recollida deste tipo de obxectos é o venres de 6.00 a 12.30 horas, polo que o depósito debe realizarse o xoves pola noite. A recollida é gratuíta realizarase só en caso de comunicación previa á empresa encargada do servizo a través de teléfono 981 795 524, no que se lle indicará ao veciño ou veciña onde e como deixar o vulto.

Ademais de realizar este trámite por vía telefónica, os veciños e veciñas de Oleiros poden cursar a solicitude de recollida de mobles ou vultos a través da sede electrónica do concello https://sede.oleiros.org. Na Carpeta Cidadá aparece no apartado denominado Servizos Xerais no catálogo de trámites. Pódense facer con identificación (DNI-pin, DNI-e o certificado dixital) e tamén sen identificación.

Os residuos que se recollen son desfeitos de madeira, como mobles, caixas ou táboas, metais en xeral e electrodomésticos enmarcados nas seguintes categorías: os residuos eléctricos e electrónicos da liña branca, como lavadoras ou frigoríficos; residuos eléctricos e electrónicos da liña marrón, como televisores, equipos de audio e vídeo, e os de liña gris, que inclúen ordenadores, impresoras, teclados e outro tipo de dispositivos periféricos. Ademais tamén se realiza a recollida doutros aparellos de uso doméstico non clasificados como colchóns o somieres.

11 de xuño de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.